lunes, 8 de febrero de 2016

AS NOVAS EDICIÓNS DAS LIGAS LINCO CONCELLO DE VIGO 2016 BOTAN A ANDAR NO PAVILLÓN DE NAVIA

.

.

.

.

.

.

(Imaxes da xornada de presentación das Ligas LINCO CLASS 2015)

.

O pasado venres día 29 de xaneiro do 2015 tivo lugar no pavillón de Navia a presentación dos equipos e participantes das Ligas LINCO Concello de Vigo 2016 organizadas unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Máis de 200 nenos e nenas xunto aos preto de 20 monitores saltaron á pista coa nova camiseta que vestiran ao longo das competicións interesoclares desta tempada.

.

Un total de 24 conuxntos formados por rapaces e rapazas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso E. Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Labor, e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos e Navia; participarán a partir do próximo venres día 5 de febreiro nas novas edicións das Ligas LINCO Concello de Vigo.

.

Tamén estivo presente o grupo de árbitros destas dúas novas edicións, formado por 18 xogadores/as dos equipos federados da entidade viguesa das categorías cadete, júnior e sénior que aproveitarán as Ligas LINCO para formarse como árbitros de baloncesto.

 

(Manel Fernández deu o salto inicial ao primeiro partido de categoría alevín)

.

A partir do próximo venres día 5 de febreiro dará comezo a competición oficial das Ligas Internas de Colexios. A primeira xornada da 13ª Liga LINCO 2016 terá lugar no pavillón de Navia desde as 16:15 ata as 18:00 horas, sendo a celebración dos primeiros partidos da 7ª Liga LINCO XL no polideportivo de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.