martes, 9 de febrero de 2016

YIMER FAILDE E IRIA LAGO XOGARON O III TORNEO DE SELECCIÓNS DE MINIBÁSQUET NA VILA DE MARÍN

(Yimer Failde coa Preselección Galega no torneo en Marín)

.

Os pasados días 7 e 8 de febreiro de 2016 celebrouse en Marín, nos pavillóns de Sequelo e A Raña, e por primeira vez, a Terceira Edición do Torneo de Seleccións Minibásquet, cita preparatoria do Campionato de España da categoría.

.

Durantes estas dúas datas competiron na vila pontevedresa as preseleccións de Minibásquet de Castela e León, Asturias, Euskadi e Galicia. Nas dúas Preseleccións Galegas foron convocados dous deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: Yimer Failde, do equipo Alevín Masculino "A", co combinado masculino e Iria Lago, do Alevín Feminino "A", no combinado galego feminino.

.

(Iria Lago co combinado galego no Torneo de Seleccións de Marín)

.

Ademais Yimer e Iria, xogadores do club, puideron disfrutar do #CopaTourCaixaBank, un percorrido que achega o trofeo da Copa do Rei a tódolos amantes do balonceto e que percorre neste mes toda a comunidade galega, e que fixo unha parada no III Torneo de Seleccións Minibásquet "Concello de Marín".

 

(Yimer Failde e Iria Lago, coas súas seleccións, xunto a Copa do Rei)