(Xogadores e xogadoras dos equipos do club que participaron no torneo)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no Undécimo Torneo Internacional "Cidade Gafanha de Nazaré" Sub14 Masculino e Feminino que se celebrou os pasados días 6 e 7 de febreiro do 2016 no Pavillón de Gafanha de Nazaré (Portugal).
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, única entidade que participou en tódalas edicións do torneo, participou co equipo Infantil Masculino "A", dirixido por Diego Montenegro e Pablo Alonso, e co combinado Infantil Feminino "A", adestrado e dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.
.
(O Infantil Feminino "A" campión do Torneo Internacional Sub14)
.
A clasificación final en categoría feminina foi:
.
1º- SEIS DO NADAL - COIA
2º- COLEGIO LEONÉS
3º- OLIVAIS COIMBRA
4º- GUIFÕES SC
5º- BC LIMIENSE
6º- GDG BASQUETEBOL
7º- SC BRAGA
8º- DESPORTIVO DE LEÇA
.
A clasificación final do torneo de categoría masculina foi:
.
1º- COLEGIO LEONÉS
2º- GUIFÕES FC
3º- SEIS DO NADAL - COIA
4º- GDG BASQUETEBOL
5º- BC BARCELOS
6º- OLIVAIS COIMBRA
7º- DESPORTIVO DE LEÇA
8º- SC BRAGA
..
Ademais o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estivo representado nos dous cinco ideais do torneo. En categoría feminina foron elixidas no cinco ideal Noa Comesaña e Sara Pérez e en categoría masculina Pedro Antonio Pérez.
.
(Os dous cinco ideais, feminino e masculino do torneo)
O Cadete Masculino "C" acompañou aos equipos infantís
(O equipo Cadete ao finalizar dous dos seus partidos amigables)
.
O conxunto Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González, acompañou aos equipos infantís na súa viaxe a Gafanha de Nazaré e aproveitou os dous días para disputar tres partidos amistosos fronte ao Illiabum Club (Ílhavo), Beira-Mar (Aveiro) e Esgueira Básket (Aveiro).