.(Representación do club na III Xuntanza de Seleccións Mini)
.
O pasado sábado día 6 de decembro do 2014 en Santiago de Compostela celebrouse unha nova edición da Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet, unha xornada clave establecida desde a Federación Galega de Baloncesto para comprobar as evolucións competitivas e técnicas de tódolos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet que veñen participando nos distintos Centros de Tecnificación Zonais da tempada 2014/2015.
.
Baixo o formato de competición amigable, un total de 16 combinados zonais (A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa, Ourense e as divisións locais de A Mariña en mini masculino e Arouse Norte e Arousa Sur en feminino) con dez xogadores/as por cada combinado, enfrontáronse entre eles e trasladaron as súas habilidades deportivas ás tres pistas de xogo habilitadas para a ocasión no Pavillón do Restollal que foi o escenario dos 24 encontros disputados.
.
.(A Selección Zonal de Vigo de categoría alevín masculina)
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo ben reprensentado nesta III Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet por Jorge Montero e Miguel Vila, xogadores do Alevín Masculino "A" e adestrados por Andrés Álvarez, e Yimer Failde, xogador do Alevín Masculino "B" e dirixido por Silvia Caíño e Aldara Martínez, convocados coa Selección Zonal de Vigo Mini Masculina; e Noa Comesaña e Esther Gil, xogadoras ambas do Alevín Feminino "A" e dirixidos por Aalí Mohamed e Sandra Solano, convocadas coa Selección Zonal de Vigo Mini Feminina.
.
.(A Selección Zonal de Vigo de categoría alevín feminina)
Ademais, Diego Montenegro, adestrador da nosa entidade dos equipos Infantil Masculino ""C" e Cadete Masculino "A", foi escollido por parte da Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto para dirixir a Selección Zonal de Vigo Mini Masculina na Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet.