.(Postal gañadora do 8º Concurso de Postais de Nadal)
.
Esta tempada 14/15 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por oitavo ano consecutivo a Oitava Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.
.
Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta páxina web, entre as preto de 100 postais que foron recibidas; o xurado, formado por técnicos e adestradores da entidade e as xogadoras do combinado Sénior Feminino "B", decidiu que a postal gañadora do 8º Concurso de Postais de Nadal sexa a presentada por María Torres, xogadora do Alevín Feminino "A" e nada no ano 2003.
.
A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas esta tempada 2014/2015 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
Desde a Xunta Directiva da entidade, a Dirección Deportiva e desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos darlle a noraboa e felicitar a María Torres, sen esquecernos de felicitar e amosar todo noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes nesta nova edición do concurso polo seu esforzo e pola orixinalidade na realización de cada unha das postais presentadas.
.
Xa se pode acceder ás preto de 100 postais recibidas deste 8º Concurso de Postais de Nadal organizado unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na Galería de Fotos desta páxina web.