.
.
.
.(Postais finalistas do 8º Concurso de Postais de Nadal)
.
Esta tempada 14/15 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por oitavo ano consecutivo a Oitava Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de todas as escolas deportivas.
.
A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas esta tempada 2014/2015 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando preto de 100 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.
.
Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as preto de 100 postais que foron recibidas; o xurado, composto por un grupo de adestradores dos conxuntos federados e das escolas deportivas do club e as xogadoras do equipo Sénior Feminino "B", decidiu a postal gañadora do 8º Concurso de Postais de Nadal que será publicada o próximo xoves día 11 de decembro do 2014.