(Adestradores e xogadores do Infantil Masculino "A" da tempada 2013/14)
.
INFANTIL MASCULINO "A"
.
3º CLASIFICADO LIGA 1ª DIVISIÓN
.
O equipo Infantil Masculino "A", Golosinas Meloso Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez, finalizou na terceira posición a Liga 1ª División Infantil Masculina 2013/14 organizada pola Federación Galega de Baloncesto e que lle garantizaba a presenza no próximo Campionato de España de Clubs Infantil Masculino.
.
O combinada Golosinas Meloso Seis do Nadal rematou na terceira posición da Liga 1ª División Infantil Masculina despois de vinte e dúas xornadas cun balance final de dezasete vitorias e cinco derrotas. A clasificación final da competición infantil foi a seguinte:
.
A terceira posición conseguida esta campaña na Liga Primeira División Infantil Masculina 2013/14 asegura a praza en dita competición para a próxima tempada 2014/2015, e ademais clasifica ao equipo para participar no Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que terá lugar en Cambados entre os días 15 e 21 de xuño do 2014, no que participarán os 32 mellores equipos infantís da Federación Española Baloncesto.
.
(Adestradores e xogadores celebrando a clasificación para o Cto. de España)