(O equipo Alevín Feminino "A" coas medallas e trofeos do terceiro posto)
.
ALEVÍN FEMININO "A"
.
3º CLASIFICADO LIGA FGB
.
O equipo Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, finalizou na terceira posición da Fase Final da Liga FGB Minibásquet 2013/14 de categoría alevín feminina organizada pola Federación Galega Baloncesto.
.
Na Fase Final o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro estivo encadrado no Grupo "A" xunto ao CB Arxil "A" (Pontevedra) e Pontumio Futbolín (Pontedeume). Nos partidos do grupo o equipo do Seis do Nadal non puido superar ao Arxil (52-102) pero conseguiu a vitoria ante Pontumio Futbolín (29-68).
O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, cunha vitoria e unha derrota, remataba na segunda posición do Grupo "A" da Fase Final, posto que lle clasificaba para o partido pola disputa do 3º e 4º posto ante Peleteiro (Santiago de Compostela), partido no que o Seis do Nada conseguiu a vitoria (71-38) que lle proclamaba terceiro clasificado da Liga FBG Minibásquet.
(As xogadoras do equipo xunto ao seu técnico ao remate da Fase Final)