jueves, 5 de junio de 2014

O ALEVÍN FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL DISPUTARÁ A FASE FINAL DA LIGA FGB MINIBÁSQUET FEMININA

(O Alevín Feminino "A" do club clasificado para a Fase Final da Liga FGB)

.

Os próximos días sábado 7 e domingo 8 de xuño do 2014 o Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, participará na Fase Final da Liga FGB de Minibásquet que se organizará no Pavillón Restollal en Santiago de Compostela.

.

Chegado dunha competida fase previa na que rematou no segundo pusto do Grupo Sur, o conxunto adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño disputarán a fase final xunto a outros cinco equipos que se dividirán en dous grupos disputando unha liga a unha volta e cos posteriores cruces de semifinais, final e restantes encontros de clasificación.

.

(O Alevín Feminino "A" rematou segundo no Grupo Sur da Liga FGB)

 

Os seis equipos femininos que se reunirán en Santiago de Compostela coa meta de proclamarse campións autonómicos en categoría minibásquet feminina son o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, o Arxil (Pontevedra), Calasancias (A Coruña), la Academia Celta (Vigo), Pontumio Futbolín (Pontedeume) e Peleteiro (Santiago de Compostela).

 

O calendario e os horarios de xogo do noso equipo na Fase Final son os seguintes: