(O equipo Alevín Masculino "B" despois do partido amistoso disputado)
..
O conxunto Alevín Masculino "B", Golosinas Meloso Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Andrés Álvarez, rematou a tempada participando no programa das Festas de Fin de Curso 2013/2014 do CEIP Carrasqueira, en Coruxo.
..
O equipo do Seis do Nadal disputou o pasado sábado día 7 de xuño do 2014 un partido amigable de baloncesto ante un grupo de alumnos e alumnas do centro que participaron esta tempada na Liga Linco Linorsa 2014.