.
DATAS DE INSCRICIÓN:
.
DE LUNS A VENRES DE 19 A 21 H.
.
NAS OFICINAS DO PAVILLÓN
.
Estimadas familias do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia:
.
Despois dunha tempada de celebracións polo 30 Aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal e do recoñecemento con tres grandes distincións: Mellor Entidade promotora do deporte base de toda Galicia pola Xunta de Galicia, Mención Especial do Concello de Vigo na Gran Gala do Deporte e Vigueses Distinguidos polo Concello de Vigo, cremos que temos que facer unha grande festa para despedir este ano especial.
.
Constituise unha comisión, que é a mesma que organizou o acto no pavillón das Travesas o pasado 1 de decembro, para ir traballandoe que todo saia o mellor posible. O día escollido será o 27 de xuño, sobre as nove da tarde. Poden acudir á esta cea: alumn@s, deportistas, entrenadores, profesor@s, familias, persoal non docente, etc, de antes e de agora e que pertenceron a esta comunidade, desde que se constituiu hai máis de trinta anos.
.
Disfrutaremos dunha cea composta por: empanadas, xamón serrano, chourizo e salchichón, tortilla, calamares, croquetas, pan, patatiñas fritidas, olvidas, cacahuetes,...biscoitos, outros doces e froitas variadas. Como bebidas haberá viño e cervexa para os maiores, auga e refrescos variados. Ademáis para lembra aquela data dos 80, prégasde que os que queira veñan vestidos como se ía entón, e poremos música dese tempo, para divertirnos.
Aquela xente que queira asistir deberá aportar 12 euros. Para eso deberán poñerse en contacto coa sección correspondente e anotarse. Pódese facer no Clube de Balonmán, no Clube de Baloncesto, a ANPA ou no colexio. Por cuestións de loxística o último día para apuntarse será o martes, 17 de xuño. De todos os xeitos, abrimos unha conta de correo ekectrónico que é a seguinte: 30anosseisdonadal@gmail.com.
Haberá sorteos e moitas sorpresas. Animádevos e disfrutemos todos e todas dun día para non esquecer.