(O equipo Infantil Masculino que participará no Campionato de España)
.
O Infantil Masculino "A", Golosinas Meloso Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participou na Liga 1ª División Infantil Masculina conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebrará en Cambados do 15 ao 21 de xuño do 2014 e na que participarán 32 equipos de toda España.
.
O sorteo do calendario do Campionato de España de Clubs que se celebrou o pasado martes día 3 de xuño encadrou ao equipo dirixido por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez no Grupo "B" xunto a Gran Canaria, primeiro dos clasificados de Canarias; CB Capuchinos, primeiro clasificado de Murcia; e Tabirako Jesuitak, primeiro clasificado do País Vasco.
.
O equipo infantil masculino do Seis do Nadal comezará a súa participación no Campionato de España o próximo domingo 15 de xuño ás 16:00 horas ante o CB Capuchinos en Vilanova. O segundo partido será o luns 16 de xuño ás 16:00 horas ante Gran Canaria en Cambados, rematando a fase de grupos o martes 17 ás 12:00 horas ante Tabirako Jesuitak en Meaño.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia será a terceira vez que participe nun Campionato de España de Clubs en toda a súa historia. A primeira vez foi na temporada 2009/2010 no Campionato de España, tamén, Infantil Masculino que se celebrou en Vegadeo e a segunda vez foi o Campionato de España Cadete Femenino en Zaragoza na tempada 2011/2012.
.
(Calendario de xogo do Seis do Nadal no Campionato de España)