jueves, 12 de junio de 2014

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA ORGANIZA O II DÍA DO BENXAMÍN VIGO-AROUSA 2013/2014

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza o próximo sábado día 14 de xuño do 2014 a Segunda Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

.

Un total de 24 equipos de categoría benxamín e procedentes das delegacións de Vigo e Arousa participarán no II Día do Benxamín que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2013/2014.

.

Seis do Nadal Masculino "A", Seis do Nadal Masculino "B", Seis do Nadal Feminino, Seis do Nadal Mixto, Compañía de María Vigo, CB Tui Masculino, CB Tui Feminino, Celta Negro, Celta Celeste, La Academia Celta, CB Redondela, Escultor Acuña Airexa, Las Acacias, Salesianos Vigo, EDM Salceda de Caselas, Defensores do Morrazo e Porriño Baloncesto Base, son os dezasete conxuntos da delegación de Vigo que participarán na xornada. Marín Masculino, Marín Feminino, O Grove, Xuven Masculino, Xuven Feminino, CB O Meco e CB Arxil, serán os combinados de Arousa que participarán nesta segunda edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa.

.

O escenario do evento será o polideportivo municipal de Navia no que haberá catro pistas cubertas e dúas pistas ao aire libre no exterior do pavillón. Nestas seis pistas se disputarán máis de 30 partidos de categoría benxamín ao longo da xornada da tarde do día 14 de xuño do 2014 de 16:00 a 20:00 horas.

 

Ao longo da tarde haberá unha pista na rúa aberta a tódolos nenos e nenas que desexen achegarse ao deporte da canastra e disfrutar tamén do Segundo Día do Benxamín Vigo-Arousa que organiza o Club  Baloncesto Seis do Nadal Coia. Partidos, xogos e moitas outras actividades se poderán realizar na pista de "básquet na rúa" paralela á xornada benxamín.