viernes, 28 de marzo de 2014

A AD SEIS DO NADAL - COIA RECIBIU UNHA MENCIÓN ESPECIAL NA 15ª GRAN GALA DO DEPORTE DE VIGO

(Imaxe de familia dos premiados na Gran Gada do Deporte de Vigo)

.

A Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia recibiu unha mención especial polo seu 30º Aniversario na 15ª Edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca que se celebraou o xoves día 20 de marzo ás 20:30 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia.

.

Nunha gala na que corenta e catro deportistas aspiraron a converterse nos mellores deportistas de Vigo e a súa comarca no 2013 e outros vinte deportistas aspiraron a converterse na mellor promesa Sub19 do ano 2013, a Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia recibiu un recoñecemento polo seu 30º Aniversario aprobado polo xurado da gran gala, presidido polo concelleiro de Deportes do Concello de Vigo e presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández.

.

(Concepción Martins, Presidente do Club Baloncesto, co recoñecemnto)

 

Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e en represetanción da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia, recibiu a mención especial polos 30 anos de historia na 15ª Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca.