(De esquerda a dereita: Antón Piñeiro, Concepción Martins e Ánxeles Ribela recollen a Medalla de Vigueses Distinguidos de mans de Abel Caballero)
.
O CEIP Seis do Nadal (Coia) recibiu a Medalla de Vigueses Distinguidos por parte da Corporación Municipal do Concello de Vigo, en base ao seu proxecto educativo e deportivo.
.
A cerimonia de entrega dos premios Vigueses Distinguidos cos que a cidade de Vigo recoñece ás persoas e institucións que destacaron pola súa labor en diferentes áreas tivo lugar o pasado xoves 27 de marzo do 2014 a partir das 20:00 horas no Centro Cultural García Barbón.
A Medalla de Vigueses Distinguidos outorgada ao CEIP Seis do Nadal foi recollida por Ánxeles Rivela, Directora do CEIP Seis do Nadal; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e Antón Piñeiro, Presidente do Club Balonmán Seis do Nadal - Coia.
(Ánxeles Rivela xunto aos demais Vigueses Distinguidos desta edición)
Ánxeles Rivela, despoios da recollida do galardón, sinalou que "pertencemos ao barrio de Coia, e estou orgullosa de recoller este garlardón que, modestia a parte, temos moi merecido. Tamén lembrou que o proxecto xorde do compromiso entre familias e responsables dado as dificultades do barrio e que acolle a tres clubs deportivos no que xogan 1500 nenos e nenas e que ademais integra a nenos con discapacidades. "Somos todos e todas, sería inxusto dedicalo a unha perosa, o Seis é algo máis que un centro escolar".