martes, 3 de septiembre de 2013

O JÚNIOR MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL SERÁ DIRIXIDO POR ÁLVARO ALONSO E ANDRÉ PÉREZ

.

O equipo Júnior Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da presente tempada 2013/2014 será adestrado e dirixido por Álvaro Alonso e André Pérez, e competirá na Liga 2ª División Júnior Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

Álvaro Alonso cumprirá a súa segunda tempada no grupo de adestradores do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, despois da súa incorporación na pasada tempada 2012/2013, adestrando ao equipo Júnior Masculino "B", conxunto formado na súa maior parte por xogadores que xa adestrou na tempada pasada na categoría júnior masculina.

.

André Pérez levará a cabo funcións de adestrador axudante xunto a Álvaro Alonso, ao igual que no curso pasado, na que será tamén a súa segunda tempada no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.