lunes, 2 de septiembre de 2013

VOLCANO, LOS PACHANGAS E PERROS DE PELEAS CAMPIÓNS DO TORNEO 3X3 DO SEIS DO NADAL

(Volcano, equipo campión da categoría minibásquet do Torneo 3x3)

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizaou os pasados días 30 e 31 de agosto do 2013 a Terceira Edición do seu Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal no barrio de Coia, pistas que levan todo o mes de agosto sendo o escenario dos primeiros adestramentos da tempada dun gran número de equipos da entidade viguesa.

 

O torneo contou cun total de 35 equipos que se inscribiron para participar neste Torneo de Baloncesto 3x3 que marcou o inicio das competicións oficiais da presente tempada 2013/14. Na tarde do venres 30 de agosto do 2013 saltaron á pista os equipos de categoría minibásquet, infantil e cadete; sendo na xornada do sábado 31 de agosto o turno da competición de categoría júnior e sénior.

 

(Los Pachangas, campións infantil-cadete tras vencer a Rosalianos)

 

Preto de 200 xogadores e xogadoras participaron no Torneo 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Los Padrinos, Vigo Eagles, La que se avecina, Sedona Girls, Los Star, Los Pachangas, Rosalianos, Bayonetas, Perros de Peleas, Los Ñbas, Rookies, Celsos ou Gregg Popovich foron algúns dos nomes dos equipos que participaron no torneo.

 

Despois da disputa dos preto de 80 partidos os conxuntos campións desta terceira edición foron Volcano en categoría minibásquet, Los Pachangas en categoría infantil-cadete; e Perros de Peleas en categoría júnior-sénior. Os equipos subcampións das tres categorías foron GB Blues, Rosalianos e Rookies respectivamente.

 

(Perros de Peleas proclamáronse campións da categoría júnior-sénior)