martes, 3 de septiembre de 2013

O INFANTIL MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL SERÁ ADESTRADO POR BREIXO SOLLA E CARLOS GARCÍA

.

O equipo Infantil Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2013/2014 que competirá na Liga 2ª División Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto será adestrado por Breixo Solla e Carlos García.

.

Breixo Solla será, na súa novena tempada formando parte do corpo técnico do noso club, o adestrador principal do conxunto Infantil Masculino "B", ademais do técnico principal do Cadete Masculino "A" de Primeira División e o técnico axudante do combinado Cadete Feminino "A".

.

Carlos García, xogador do Sénior Masculino "B", volverá ao corpo técnico do club como adestrador axudante de Breixo Solla no equipo Infantil Masculino "B" despois de adestrar en Escolas Deportivas ata a tempada 2011/2012.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Infantil Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o mércores día 4 de agosto ás 16:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro.