lunes, 9 de septiembre de 2013

DAVID AUGUSTO, NOVO ADESTRADOR DO CLUB, DIRIXIRÁ AO EQUIPO JÚNIOR MASCULINO "C" DA ENTIDADE

.

O equipo Júnior Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia da presente tempada 13/14, novidade na estrutura deportiva do deporte federado da entidade e que competirá na Liga 2ª División Júnior Masculina da Federación Galega de Baloncesto, será adestrado e dirixido por David Augusto.

.

David Augusto, novo adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na presente tempada 2013/2014, dirixirá ao Júnior Masculino "C", conxunto que estará formado integramente por xogadores de primeiro ano en categoría júnior nados no 1997.

.

David Augusto incorporase á nosa entidade despois de militar nas últimas tempadas en equipos das Illas Canarias como técnico no CB Canarias e Unión Baloncesto Laguna entre outros. A súa formación como adestrador de baloncesto ten as súas raíces en Ourense (Club Ourense Baloncesto, Carmelitas Vedruna e Maristas Ourense).