martes, 10 de septiembre de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPA NAS COPAS GALICIA 13/14 DE CATEGORÍA JÚNIOR E CADETE

.

Esta fin de semana comezan as competicións oficiais no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa disputa dos primeiros partidos das Copas Galicia de categoría Júnior Masculina, Júnior Feminina, Cadete Masculina e Cadete Feminina.

 

O sorteo das Copas Galicia 2013/2014 de categoría júnior e cadete tivo lugar o pasado luns 9 de setembro do 2013 nos locais da Federación Galega de Baloncesto. Os conxuntos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia de categoría júnior e cadete que competirán nas Ligas 1ª División (Júnior Masculino "A", Júnior Feminino "A", Cadete Masculino "A" e o Cadete Feminino "A") participarán nas Copas Galicia.

.

O conxunto Júnior Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por Francisco Javier García e Carlos Rodríguez, volverá a competir esta tempada na Liga 1ª División Júnior Masculina despois de cubrir unha vacante dispoñible na competición. A primeira toma de contacto con esta competición será a Copa Galicia Júnior Masculina, competición que xogarán no Grupo "A" xunto a Esutidnates Lugo Leyma Natura (Lugo), Novobasket "A" (Vigo) e Sant-Yago (A Coruña).

.

.

O equipo Júnior Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, dirixido por Fidel Del Campo, María Henar Díaz e Pablo Sánchez, competirá na Copa Galicia Júnior Feminina encadrado no Grupo "A" da competición xunto a AD Cortegada (Vilagarcía de Arousa), Mercederias Hotel El Suizo (Ferrol) e o equipo de Maristas Coruña.

.

 

O Cadete Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, competirá no Grupo "C" da Copa Galicia Cadete Masculina 2013/14. O combinado adestrado por Breixo Solla e Felipe Feijoo formará parte deste Grupo "C" xunto a Instituto Rosalía (Santiago de Compostela), Artai (Carballo) e Porriño Baloncesto Base.

.

 

E por último, o Cadete Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Breixo Solla e Ignacio Sánchez, formará parte do Grupo "B" da Copa Galicia de categoría Cadete Feminina xunto a Marín Peixegalego (Marín), Cafés Candelas Ensino (Lugo) e Peleteiro (Santiago de Compostela).

.