martes, 27 de agosto de 2013

O SÉNIOR MASCULINO "B" DO CLUB SERÁ ADESTRADO POR FIDEL DEL CAMPO A PRÓXIMA TEMPADA

.

O equipo Sénior Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2013/2014 que competirá na Liga 3ª División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto será adestrado e dirixido por Fidel Del Campo.

.

Fidel del Campo, novo adestrador do Club  Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a próxima tempada 2013/2014, adestrará ao conxunto Sénior Masculino "B", equipo que compartirá coa dirección do Júnior Feminino "A". Fidel del Campo, adestrador superior de contrastada experiencia, dirixiu nos últimos anos no CB Baiona e no Lestonnac (Barcelona) ademais de asistir ao Campus Internacional do Baskonia Caja Laboral.

.

O Sénior Masculino "B" participará na Liga 3ª División Sénior Masculina 2013/2014 da Federación Galega de Baloncesto que comezará a fin de semana dos días 5 e 6 de outubro do 2013.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Sénior Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o martes día 27 de agosto ás 21:30 horas no Colexio Seis do Nadal.