martes, 27 de agosto de 2013

O CB SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO I TROFEO BALONCESTO DE VERÁN DO CONCELLO DE MOAÑA

(O Infantil Masculino "A" do club campión do I Trofeo Concello de Moaña)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal participou no I Trofeo Baloncesto de Verano Concello de Moaña organizado polo Defensores do Morrazo e que tivo lugar o pasado martes día 27 de agosto do 2013 no Pavillón A Xunqueira.

.

Nesta primeira edición do campionato de categoría infantil participou o Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez. O equipo do club disputou o torneo ante un combinado de xogadores entre 14 e 16 anos do Defensores do Morrazo, partido que rematou cun 26-80 a favor d Seis do Nadal - Coia.

.

(Entrega do trofeo de campións e foto de familia dos equipos participantes)