lunes, 26 de agosto de 2013

O CADETE MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL SERÁ DIRIXIDO POR BREIXO SOLLA E FELIPE FEIJOO

.

O equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2013/2014 que competirá na Liga 1ª División Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto será adestrado e dirixido por Breixo Solla e Felipe Feijoo.

.

Breixo Solla será, na súa novena tempada formando parte do corpo técnico do noso club, o adestrador principal do Cadete Masculino "A", ademais do adestrador axudante do combinado Cadete Feminino do Seis do Nadal.

.

Felipe Feijoo continuará un curso máis no corpo técnico da entidade como adestrador axudante de Breixo Solla no equipo Cadete Masculino "A", despois de que os dous compartiran banquillo no Infantil Masculino "B" a pasada tempada.

.

O Cadete Masculino "A" participará na Liga 1ª División Cadete Masculina 2013/2014 da Federación Galega de Baloncesto que comezará a fin de semana dos días 14 e 15 de setembro do 2013 coa celebración da Copa Galicia.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Cadete Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o luns día 12 de agosto ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal.