sábado, 8 de septiembre de 2012

OS EQUIPOS CADETE MASCULINO "A" E CADETE FEMININO XA COÑECEN O SEU CALENDARIO DA COPA GALICIA

.

A primeira división da categoría cadete, tanto masculina como feminina, da Federación Galega Baloncesto xa coñece desde o pasado mércores 5 de setembro o seu calendario para a Copa Galicia 2012/2013.

.

A Copa Galicia desta nova tempada 2012/2013 presenta o seguinte sistema de competición: a ducia de combinados que xogarán na Liga 1ª División Cadete Masculina e na Liga 1ª División Cadete Feminina se repartiron en tres grupos de catro participantes cada un.

.

O equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por Borja Martínez, Daniel Rodríguez e David Rodríguez, participará no grupo "C" da Copa Galicia 2012/13 xunto ao Porriño Baloncesto Base Canteiras (Porriño), Maristas (Ourense) e Maristas "A" (Vigo).

.

Despois do sorteo do calendario da competición o conxunto Cadete Masculino "A" comezará a competición visitando ao Porriño Baloncesto Base a próxima fin de semana do 15 e 16 de setembro.

.

O calendario de xogo completo do grupo "C" da Copa Galicia Cadete Masculina 2012/13 é o seguinte:

.

1ª x. (16/09): Porriño Baloncesto Base - Seis do Nadal Coia

2ª x. (23/09): Maristas "A" - Seis do Nadal Coia

3ª x. (30/09): Seis do Nadal Coia - Maristas

4ª x. (07/10): Seis do Nadal Coia - Porriño Baloncesto Base

5ª x. (21/10): Seis do Nadal Coia - Maristas "A"

6ª x. (28/11): Maristas - Seis do Nadal Coia

.

Cada un dos tres grupos xogará por sistema de liga a dobre volta (6 xornadas) clasificándose para a Fase Final o primeiro clasificado de cada un dos tres grupos e o mellor segundo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.

.

O conxunto Cadete Feminino da entidade dirixido por Jorge Martínez, Breixo Solla e Ignacio Sánchez, estará encadrado no grupo "A" da Copa Galicia 2012/2013 xunto aos equipos R.C. Celta Maristas (Vigo), Martis Cortegada (Vilagarcía) e Arxil "A" (Pontevedra).

.

A primeira das xornadas que xogará o noso conxunto Cadete Feminino será viaxando á pista do Arxil "A" (Pontevedra) a próxima fin de semana dos días 15 e 16 de setembro.

.

O calendario de xogo completo do grupo "A" da Copa Galicia Cadete Feminina 2012/13 é o seguinte:

.

1ª x. (16/09): Arxil "A" - Seis do Nadal Coia

2ª x. (23/09): Martis Cortegada - Seis do Nadal Coia

3ª x. (30/09): Seis do Nadal Coia - R.C. Celta Maristas

4ª x. (07/10): Seis do Nadal Coia - Arxil "A"

5ª x. (21/10): Seis do Nadal Coia - Martis Cortegada

6ª x. (28/11): R.C. Celta Maristas - Seis do Nadal Coia

.

Ao igual que na categoría masculina, cada un dos tres grupos xogará por sistema de liga a dobre volta, con 6 xornadas, clasificándose para a Fase Final o primeiro clasificado de cada un dos tres grupos e o mellor segundo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.