domingo, 9 de septiembre de 2012

NEREA ARAMBARRI E BORJA ASTRAY CONVOCADOS COA PRESELECCIÓN GALEGA DA SÚA CATEGORÍA

(Nerea Arambarri convocada coa preselección galega infantil feminina)

.

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto realizará a próxima fin de semana as primeiras convocatorias referentes ás preseleccións galegas de categoría infantil e organizará a segunda convocatoria da preselección galega cadete masculina.

.

O próximo sábado 8 de setembro, a preselección galega infantil feminina traballará cun total de 20 xogadoras, sendo o Pavillón de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, a testemuña dos primeiros pasos dunha preselección que irá depurando conceptos a medida que avancen os meses.

.

Nesta primeira concentración da preselección infantil feminina en Compostela estará presente Nerea Arambarri, xogadora do Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e dirixida por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.

.

(Borja Astray convocada novamente coa preselección galega cadete)

.

Por outra banda, e tras dar saída á súa tempada na primeira fin de semana de setembro, a preselección galega de categoría cadete masculina renova convocatoria o sábado 8 e domingo día 9 de setembro do 2012.

.

Na primeira convocatoria realizada a primeira fin de semana de setembro participaron Borja Astray, Hugo López e César Rodríguez; os tres xogadores do Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e capitaneados por Borja Martínez, Daniel Rodríguez e David Rodríguez.

 

A Federación Galega de Baloncesto convocou de novo a Borja Astray, xogador da entidade viguesa, para adestrar no Pavillón Polideportivo Municipal de Tui coa preselección galega cadete masculina no seu segundo encontro.