.
O equipo Infantil Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/2013 será adestrado por Alicia Álvarez, e estará composto por xogadoras nadas nos anos 1999 e 2000.
.
Alicia Álvarez cumprirá este ano a súa sexta tempada como adestradora do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixindo ao Infantil Feminino "B", despois de ter adestrado a tempada pasada ao equipo Alevín Masculino "A" e pertencer ao grupo de adestradores do Infantil Feminino "A".
.
O Infantil Feminino "B" do club, adestrado por Alicia Álvarez, participará na Liga 2ª División Infantil Feminina 2012/2013 da Federación Galega de Baloncesto que comezará a próxima fin de semana dos días 20 e 21 de outubro do 2012.
.
Inicio adestramentos de pretempada
.
O equipo Infantil Feminino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo martes 11 de setembro ás 19:00 horas no Colexio Seis do Nadal.