sábado, 8 de septiembre de 2012

O SÉNIOR MASCULINO DE 2ª DIVISIÓN XA COÑECE O SEU CALENDARIO DE XOGO DA TEMPADA 2012/2013

.

Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do martes día 4 de setembro, xa está dispoñible o calendario da Liga 2ª División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto da presente tempada 2012/2013.

.

Os calendarios de xogo dos dous grupos desta Liga 2ª División Sénior Masculina que comezará a próximo fin de semana dos días 6 e 7 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Un total de 22 combinados participarán na Liga 2ª División Sénior Masculina que se repartirán en dous grupos de once equipos cada un, o grupo Norte e o grupo Sur. O noso equipo, adestrado este curso por Sergio González e Francisco García, estará encadrado no grupo Sur da competición xunto a:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

C.B. O MECO (O Grove)

SIGALTEC B.B.C. (Vilagarcía)

C.B. BAIONA (Baiona)

C.B. ALLARIZ (Allariz)

MGR VAL DE LEMOS (Monforte de Lemos)

C.B. GROVE TURIMARES (O Grove)

VINACOTECA LEMBRANZA LICEO CASINO (Vilagarcía)

U.R.E.C.A. (Nigrán)

CRUZ ALTA (Ourense)

VIGO A.M. (Vigo)

.

A primeira xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina terá lugar a fin de semana do 6 e 7 de outubro e o noso conxunto, equipo que militará na máxima categoría sénior masculina da cidade de Vigo, visitará ao combinado MGR Val de Lemos. Pulsando na seguinte imaxe pódese consultar o calendario de xogo completo.

.