sábado, 8 de septiembre de 2012

ÁLVARO ALONSO, NOVO ADESTRADOR DO CLUB, DIRIXIRÁ AO EQUIPO CADETE MASCULINO "B"

.

O equipo Cadete Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/2013 será adestrado por Álvaro Alonso, novo adestrador da entidade, e composto por xogadores nados nos anos 1997 e 1998.

.

Álvaro Alonso incorpórase esta nova tempada 2012/2013 ao conxunto de adestradores da Club Baloncesto Seis do Nadal. Álvaro Alonso, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, xogou nas filas do Seis do Nadal desde a tempada 2002/2003 ata a campaña 2005/2006, e no novo curso 2012/13 adestrará ao equipo Cadete Masculino "B".

.

O Cadete Masculino "B" do club, adestrado por Álvaro Alonso, participará na Liga 2ª División Cadete Masculina 2012/2013 da Federación Galega de Baloncesto que comezará a próxima fin de semana dos días 7 e 8 de outubro do 2012.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Cadete Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns día 10 de setembro ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal.