sábado, 8 de septiembre de 2012

BREIXO SOLLA ADESTRARÁ AO EQUIPO INFANTIL MASCULINO "B" DO CLUB DA PRÓXIMA TEMPADA 2012/13

.

O equipo Infantil Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/2013 estará dirixido e adestrado polo técnico Breixo Solla e composto por un grupo de xogadores nados nos anos 1999 e 2000.

.

Breixo Solla será, na súa oitava tempada formando parte do corpo técnico do noso club, o adestrador principal do Infantil Masculino "B", ademais do adestrador do Cadete Masculino "C" e o técnico axudante do combinado Cadete Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

O Infantil Masculino "B" do club, adestrado por Breixo Solla, participará na Liga 2ª División Infantil Masculina 2012/2013 da Federación Galega de Baloncesto que comezará a próxima fin de semana dos días 20 e 21 de outubro do 2012.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Infantil Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns día 10 de setembro ás 18:00 horas no Colexio Illas Cíes.