lunes, 24 de septiembre de 2012

O JÚNIOR FEMININO "A" DO CLUB PARTICIPOU NO XIII TORNEO INTERNACIONAL DO CPN (PORTUGAL)

.

(O Júnior Feminino "A" no Torneo Internacional do CPN)

.

O equipo Júnior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Carlos Guada e Pablo Sánchez, participou no XIII Torneo Internacional organizado polo CPN Basquetebol os pasados días 22 e 23 de setembro do 2012 en Porto (Portugal).

.

O conxunto do club participou na categoría Sub-19 Feminina xunto aos combinados CPN, S.C. Coimbrões, S.C. Braga, CTM Vila Pouca de Aguiar e Juvemaia ACDC, conseguindo o terceiro posto do torneo despois de CPN e S.C. Coimbrões, combinados campión e subcampión respectivamente.

 

O torneo contou durante toda a fin de semana con 14 equipos, sendo así máis de 150 deportistas, integrantes das categorías Sub-14, Sub-16 e Sub-19 Femininas, tendo o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia representación na categoría Sub-19.