domingo, 23 de septiembre de 2012

O EQUIPO BENXAMÍN FEMININO, DIRIXIDO POR SANDRA SOLANO E SANDRA CACHEDA, INICIA A TEMPADA

.

O conxunto Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/2013, equipo formado por xogadoras en idade benxamín nadas nos anos 2003, 2004 e 2005, será dirixido por Sandra Solano e Sandra Cacheda.

.

Sandra Solano asumirá así a dirección do equipo Benxamín Feminino a presente tempada 2012/2013 despois de adestrar a campaña pasada ao Benxamín Masculino quot;A" da entidade. Ademais este curso será a adestradora axudante do Júnior Feminino "B" e xogadora do equipo Sénior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Sandra Cacheda, xogadora de categoría sénior da entidade, acompañará a Sandra Solano no equipo Benxamín Feminino no que será a súa primeira tempada como membro do corpo técnico da entidade. Deste xeito desde a Dirección Deportiva continúase integrando a xogadores e xogadoras do club como adestradores e monitores da súa estrutura deportiva.

 

Segundo as Bases de Competición da tempada 2012/2013 o conxunto Benxamín Feminino, formado por xogadoras nados nos anos 2003, 2004 e 2005, participará nunha primeira fase local de categoría benxamín Feminina, categoría instaurada o pasado curso deportivo

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O combinado Benxamín Feminino comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns día 24 de setembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal. Os días de adestramento deste conxunto ao longo da tempada serán luns, mércores e venres de 16:00 a 17:30 horas nas pistas do Colexio Seis do Nadal.