.
O equipo Benxamín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/13 será adestrado e dirixido por Andrés Álvarez, e composto por xogadores nados no ano 2003.
.
Andrés Álvarez cumprirá a súa terceira campaña deportiva formando parte do corpo técnico da entidade e compaxinará os adestramentos do grupo Benxamín Masculino "A" co conxunto Cadete Masculino "C" do que é adestrador axudante xunto a Breixo Solla, ao igual que na pasada tempada, máis a súa faceta de xogador no Sénior Masculino Zonal.
Segundo as Bases de Competición da nova tempada 2012/13 o conxunto Benxamín Masculino "A", formando na súa maior parte por xogadores nados no ano 2003, participará nunha primeira fase local de categoría benxamín Masculina-Mixta.
.
Inicio adestramentos de pretempada
.
O grupo Benxamín Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns día 24 de setembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal. Os días de adestramento deste combinado ao longo da tempada serán luns, mércores e venres de 16:00 a 17:30 horas nas pistas do Colexio Seis do Nadal.