jueves, 27 de septiembre de 2012

OS EQUIPOS INFANTÍS DE 1ª DIVISIÓN DO CLUB ESTRÉANSE ESTA SEMANA NA COPA GALICIA 2012/2013

.

A primeira división da categoría infantil, tanto masculina como feminina, da Federación Galega Baloncesto estrease esta fin de semana co inicio da Copa Galicia 2012/2013.

.

A Copa Galicia desta nova tempada 2012/2013 presenta o seguinte sistema de competición: a ducia de combinados que xogarán na Liga 1ª División Infantil Masculina e na Liga 1ª División Infantil Feminina repartiranse en tres grupos de catro participantes cada un.

.

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, Diego Montenegro e Pablo García, participará no grupo "C" da Copa Galicia 2012/13 xunto ao Porriño Baloncesto Base Canteiras, COB Salesianos "99" (Ourense) e Salesianos Vigo.

.

Despois do sorteo do calendario da competición o conxunto Infantil Masculino "A" comezará a competición recibindo ao equipo ourensán COB Salesianos "99" o próxima sábado 29 de setembro no Pavillón Municipal de Balaídos.

.

O calendario de xogo completo do grupo "C" da Copa Galicia Infantil Masculina 2012/13 é o seguinte:

.

1ª x. (30/09): Seis do Nadal Coia - COB Salesianos "99"

2ª x. (07/10): Seis do Nadal Coia - Salesianos Vigo

3ª x. (21/10): Porriño Baloncesto Base - Seis do Nadal Coia

4ª x. (28/10): COB Salesianos "99" - Seis do Nadal Coia

5ª x. (11/11): Salesianos Vigo - Seis do Nadal Coia

6ª x. (18/11): Seis do Nadal Coia - Porriño Baloncesto Base

.

Cada un dos tres grupos xogará por sistema de liga a dobre volta (6 xornadas) clasificándose para a Fase Final o primeiro clasificado de cada un dos tres grupos e o mellor segundo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.

.

O Infanti Feminino "A" da entidade adestrado e dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, estará encadrado no grupo "C" da Copa Galicia 2012/2013 xunto aos equipos Torvigo Baiona "A", Carmelitas Ingatel (Ourense) e R.C. Celta Maristas (Vigo).

.

A primeira das xornadas que xogará o noso conxunto Infantil Feminino "A" será viaxando á pista do Carmelitas en Ourense o próximo domingo día 30 de setembro.

.

O calendario de xogo completo do grupo "C" da Copa Galicia Infantil Feminina 2012/13 é o seguinte:

.

1ª x. (30/09): Carmelitas Ingatel - Seis do Nadal Coia

2ª x. (07/10): R.C. Celta Maristas - Seis do Nadal Coia

3ª x. (21/10): Seis do Nadal Coia - Torvigo Baiona "A"

4ª x. (28/10): Seis do Nadal Coia - Carmelitas Ingatel

5ª x. (11/11): Seis do Nadal Coia - R.C. Celta Maristas

6ª x. (18/11): Torvigo Baiona "A" - Seis do Nadal Coia

.

Ao igual que na categoría masculina, cada un dos tres grupos xogará por sistema de liga a dobre volta, con 6 xornadas, clasificándose para a Fase Final o primeiro clasificado de cada un dos tres grupos e o mellor segundo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.