sábado, 25 de agosto de 2012

O EQUIPO JÚNIOR MASCULINO "B" DO CLUB SERÁ ADESTRADO POR SERGIO COSTELA E ÁLVARO ALONSO

.

O combinado Júnior Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/13 estará adestrado por Sergio Costela e Álvaro Alonso, e competirá na Liga 2ª División de categoría júnior masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

Sergio Costela, adestrará ao Júnior Masculino "B" do club, conxunto formado por xogadores nados nos anos 1995 e 1996, na súa cuarta campaña formando parte do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Esta tempada Sergio Costela estará acompañado por Álvaro Alonso, nova incorporación ao conxunto de adestradores da entidade. Álvaro Alonso, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, xogou nas filas do Seis do Nadal desde a tempada 2002/2003 ata a campaña 2005/2006, e no presente curso 2012/2013 incorpórase ao club como adestrador.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Júnior Masculino "B" comezará os adestramentos de pretempada o próximo xoves día 16 de agosto ás 20:30 horas no Colexio Seis do Nadal en Coia.