sábado, 18 de agosto de 2012

AALÍ MOHAMED E SILVIA CAÍÑO SEGUIRÁN AO FRONTE DO EQUIPO INFANTIL FEMININO "A" DO CLUB

.

O equipo Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/2013 estará adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, e competirá na Liga 1ª División Infantil Feminina da Federación Galega de Baloncesto.

.

Na súa primeira tempada Aalí Mohamed contribuiu a prantar o xerme inicial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha das canteiras máis importantes da cidade de Vigo así como da comunidade galega. Nesta nova tempada deportiva 2012/2013, e despois de vintenove tempadas na nosa entidade, adestará ao conxunto Infantil Feminino "A", equipo que xa adestrou a tempada pasada.

.

Silvia Caíño tamén repetirá, un ano máis, como adestradora axudante do Infantil Feminino "A" xunto a Aalí Mohamed, na que será a súa cuarta campaña no corpo técnico do club desde a súa incorporación na pasada tempada 2009/2010.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Infantil Feminino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns 20 de agosto ás 10:00 horas no Colexio Seis do Nadal en Coia.