sábado, 18 de agosto de 2012

SERGIO GONZÁLEZ, BORJA MARTÍNEZ E ÓSCAR GARCÍA DIRIXIRÁN AO INFANTIL MASCULINO "C" DO CLUB

.

A próxima tempada 2012/13 o equipo Infantil Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia será adestrado por Sergio González, Borja Martínez e Óscar García, e estará composto por xogadores nados no ano 2000 e que vivirán a súa primeira tempada na categoría infantil.

.

Sergio González compartirá este tempada a dirección dos equipos Infantil Masculino "C" e Sénior Masculino Autonómico, nunha campaña na que cumprirá o seu décimo curso no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Borja Martínez será o técnico axudante do Infantil Masculino "C", ademais de dirixir nesta tempada ao Cadete Masculino "A", na que será a súa xa cuarta campaña como técnico da entidade desde a súa incorporación no curso 2009/2010.

.

Xunto á parella de adestradores anteriores, Óscar García, xogador do Sénior Masculino Autonómico, completará o corpo técnico do Infantil Masculino "C" no que será a súa segunda tempada como membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Infantil Masculino "C" comezará os adestramentos de pretempada o luns día 20 de agosto ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal.