sábado, 11 de agosto de 2012

ALBERT TOMAS E CARLOS GUADA DIRIXIRÁN AO JÚNIOR MASCULINO "A" DA PRÓXIMA TEMPADA 2012/2013

.

O equipo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará adestrado a próxima tempada 2012/2013 por Albert Tomas, técnico que cumprirá a súa sexta tempada na entidade, e por Carlos Guada, técnico que se incoporou a pasada tempada ao grupo de adestradores do club.

.

Albert Tomas cumprirá a súa sexta tempada deportiva como adestrador do club, desde a súa incorporación na tempada 2007/2008, dirixindo ao Júnior Masculino "A", equipo formado por xogadores nados nos anos 1995 e 1996, e que competirá na Liga 2ª División Júnior Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

Carlos Guada incorporouse a pasada tempada 2011/2012 ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal adestrando ao Cadete Feminino "B", conxunto que participou na Liga 2ª División Cadete Feminina.

.

Albert Tomas e Carlos Guada compartiron equipo a pasada tempada, adestrando conxuntamente ao Infantil Masculino "A" e conseguindo manter a praza da Liga 1ª División Infantil Masculina. Esta nova tempada 2012/2013 volverán a compartir pista, neste caso co equipo Júnior Masculino "A".

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Júnior Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo xoves día 16 de agosto ás 20:30 horas no Colexio Seis do Nadal.