viernes, 8 de junio de 2012

SEGUNDA EDICIÓN DO TORNEO TRIANGULAR BALONCESTO ADULTOS 2012 DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o próximo sábado día 9 de xuño do 2012 a Segunda Edición do Torneo Triangular Baloncesto Adultos 2012 despois da primeira edición organizada na pasada tempada 2009/2010.

.

O triangular terá lugar na pista do Colexio Seis do Nadal de Coia e os equipos que participarán nesta segunda edición serán o conxunto de Baloncesto Adultos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Os Seixos, equipo que militou na Liga 4ª División Sénior da Federación Galega de Baloncesto; e o C.B. Vicus.

.

Os horarios dos partidos deste torneo que comezará ás 16:00 horas son os seguintes:

.

16:00 horas: BALONCESTO ADULTOS - OS SEIXOS

17:30 horas: BALONCESTO ADULTOS - C.B. VICUS

19:00 horas: OS SEIXOS - C.B. VICUS

 

O equipo de Baloncesto Adultos xogou un amigable

 

O equipo de Baloncesto Adultos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputou o pasado xoves día 7 de xuño do 2012 un partido amigable ante o equipo Restaurante Maitetxu, terceiro clasificado da 2ª División da competición Vigo en Xogo do Concello de Vigo.

 

(Xogadores do Seis do Nadal "Adultos" e do Restaurante Maitetxu)

 

O encontro amigable serviu de preparación para o combinado Baloncesto Adultos de cara ao 2º Torneo Triangular a disputar na tarde do sábado día 9 de xuño do 2012 no Colexio Seis do Nadal, torneo co que o equipo de adultos despedirá a presente tempada 2011/2012.