jueves, 7 de junio de 2012

O CADETE MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 59º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINA

(O Cadete Masculino "B" competiu na Liga 2ª División Cadete Masculina)

.

CADETE MASCULINO "B"

.

59º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O conxunto Cadete Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Breixo Solla e Andrés Álvarez, finalizou o presente curso 2011/2012 como 59º clasificado da Liga 2ª División Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro participou na primeria fase de grupos no grupo "E" da Liga 2ª División Cadete Masculina e rematou na duodécima posición cun balance de tres vitorias e vinteunha derrotas. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A posición acadada no grupo "E" clasificaba ao noso conxunto adestrado por Breixo Solla a disputar a fase de clasificación polo 71º-74º posto da zona sur. Nesta nova fase o noso equipo competiu xunto a Básket Deza (Lalín) e E.D.M. Ames.

 

Despois da disputa dos catro encontros desta nova fase de clasificación da Liga 2ª División Cadete Masculina 2011/2012 o noso conxunto conseguiu o pleno de vitorias rematando a competición oficial na 59ª posición da Liga 2ª División Cadete Masculina debido as baixas de conxuntos integrantes doutras fases de clasificación.

.