jueves, 7 de junio de 2012

O CADETE MASCULINO "C" DO SEIS DO NADAL 27º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINA

(O Cadete Masculino "C" competiu na Liga 2ª División Cadete Masculina)

.

CADETE MASCULINO "C"

.

27º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O combinado Cadete Masculino "C", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Borja Martínez e David Rodríguez, finalizou o presente curso 2011/2012 como 27º clasificado da Liga 2ª División Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O equipo Seis do Nadal Illas Cíes participou na primeria fase de grupos no grupo "E" da Liga 2ª División Cadete Masculina e rematou na quinta posición cun balance de dezaseis vitorias e oito derrotas. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A quinta posición do grupo "E" clasificaba ao noso conxunto adestrado por Borja Martínez a disputar a fase de clasificación polo 24º-30º posto da zona sur. Nesta nova fase o noso equipo competiu xunto a Peleteiro (Santiago de Compostela) e Saelga Liceo Casino (Vilagarcía de Arousa).

 

Despois da disputa dos catro encontros desta nova fase de clasificación da Liga 2ª División Cadete Masculina o noso conxunto conseguiu un balance de tres derrotas e unha vitoria ante Peleteiro na primeira xornada da fase (68-61). O Cadete Masculino "C", Seis do Nadal Illas Cíes, finalizaba deste xeito a competición como 27º clasificado da Liga Segunda División Cadete Masculina.

.