domingo, 10 de junio de 2012

O C.B. VICUS PROCLAMOUSE CAMPIÓN DO 2º TORNEO TRIANGULAR BALONCESTO ADULTOS 2012

(Xogadores do Seis do Nadal e do C.B. Vicus despois do partido)

.

(Os equipos do Seis do Nadal e Os Seixos despois do partido que disputaron)

 

(Os Seixos e o C.B. Vicus despois de xogar o partido final do torneo)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou o pasado sábado día 9 de xuño do 2012 a Segunda Edición do Torneo Triangular Baloncesto Adultos 2012, edición do torneo na que se proclamou campión o C.B. Vicus.

.

O triangular tivo lugar na pista do Colexio Seis do Nadal de Coia e os combinados que participaron nesta segunda edición foron o conxunto de Baloncesto Adultos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Os Seixos, equipo que militou na Liga 4ª División Sénior da Federación Galega de Baloncesto; e o C.B. Vicus, equipo que resultou campión do torneo.

 

 

.

O primeiro partido da xornada enfrontou ao Baloncesto Adultos Seis do Nadal e a Os Seixos, equipo que conseguía a primeira vitoria da tarde (31-65). No segundo encontro o combinado de adultos do Seis do Nadal enfrontouse ao C.B. Vicus, encontro que rematou cun 48-69 no marcador a favor do C.B. Vicus. O último encontro do torneo, e que se convertía polos resultados anteriores na final do mesmo, enfrontou a Os Seixos e ao C.B. Vicus, resultando grupo vencedor o C.B. Vicus (67-69) despois dun igualado e disputado partido.

 

Na acto de clausura e entrega de premios estiveron presentes Concepción Martins, presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que entregou o trofeo de campión ao C.B. Vicus; e Francisca García, secretaria da entidade, que fixo entrega do trofeo de subcampión ao equipo de Os Seixos.

 

(Concepción Martins e Francisca García na entrega dos trofeos do torneo)