lunes, 11 de junio de 2012

O INFANTIL MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 63º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA

(O Infantil Masculino "B" competiu na Liga 2ª División Infantil Masculina)

.

INFANTIL MASCULINO "B"

.

63º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O conxunto Infantil Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Breixo Solla e Óscar García, finalizou a presente tempada 2011/2012 como 63º clasificado da Liga 2ª División Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro participou na primeria das fases, a de grupos, no grupo "E" da Liga 2ª División Infantil Masculina e rematou na novena posición cun balance dunha vitoria e dezasete derrotas. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A posición acadada no grupo "E" clasificaba ao noso conxunto adestrado por Breixo Solla a disputar a fase de clasificación polo 65º-71º posto da zona sur. Nesta nova fase o noso equipo competiu xunto a Estudiantes (Pontevedra) e San José de la Guía (Vigo).

 

Despois da disputa dos catro encontros desta nova fase de clasificación da Liga 2ª División Infantil Masculina 2011/2012 o noso conxunto rematou na terceira posición da táboa cun balance de tres derrotas e unha vitoria ante o San José de la Guía, rematando a competición oficial na 63ª posición da Liga 2ª División Infantil Masculina debido a baixas de combinados integrantes doutras fases de clasificación.

.