lunes, 11 de junio de 2012

O INFANTIL MASCULINO "C" DO SEIS DO NADAL 24º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA

(O Infantil Masculino "C" competiu na Liga 2ª División Infantil Masculina)

.

INFANTIL MASCULINO "C"

.

24º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O conxunto Infantil Masculino "C, Seis do Nadal "C", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez e Pablo García, finalizou a presente tempada 2011/2012 como 24º clasificado da Liga 2ª División Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal "C" participou na primeria fase de grupos no grupo "I" da Liga 2ª División Infantil Masculina e despois de vinte partidos rematou na terceira posición cun balance de dezaseis vitorias e catro derrotas, dúas contra Airexa Nigrán e outras tantas contra Carmelitas, primeiro e segundo clasificado do grupo . A clasificación final do grupo "I" foi a seguinte:

.

 

A terceira posición do grupo "I" clasificaba ao noso conxunto dirixido por Carlos Rodríguez a disputar a fase de clasificación polo 17º-24º posto da zona sur. Nesta nova fase o noso equipo competiu xunto a C.B. Allariz, C.B. Tui Seta "B" e xunto ao Xuven (Cambados).

 

Despois da disputa dos catro encontros desta nova fase de clasificación da Liga 2ª División Infantil Masculina 2011/2012 o noso conxunto rematou na cuarta posición da táboa acadando a 24ª posición da Liga 2ª División Infantil Masculina.

.