jueves, 14 de junio de 2012

O SÉNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL 4º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN SÉNIOR FEMININA 2011/12

(O Sénior Feminino despois dun partido da Fase Final de Ascenso)

.

SÉNIOR FEMININO

.

4º CLASIFICADO 2ª DIVISIÓN

.

O combinado Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Francisco Javier García, rematou a Liga 2ª División Sénior Feminina da presente tempada 2011/2012 na cuarta posición da clasificación final.

.

O conxunto do Seis do Nadal - Coia rematou a primeira fase da Liga 2ª División Sénior Feminina 2011/2012 na terceira posición do Grupo Sur cun balance de doce vitorias e seis derrotas, seguindo aos equipos de Peleteiro e Salesianos:

..

 

A terceira posición na liga regular clasificou ao combinado Sénior Feminino para a disputa da Fase de Ascenso á Liga 1ª División Autonómica Feminina xunto ao Colexio Salesianos (Vigo), segundo clasificado do Grupo Sur, e Maristas Cubicaje (A Coruña), terceiro clasificado do Grupo Norte.

..

O equipo do Seis do Nadal rematou a Fase de Ascenso na segunda posición despois de catro partidos e cun balance de dúas vitorias e dúas derrotas. O primeiro clasificado da Fase Final ascendeu á Liga 1ª División Autonómica Feminina da próxima tempada 2012/2013 xunto aos equipos clasificados en primeiro lugar de cada un dos grupos, Baloncesto Cambre (A Coruña) no grupo Norte e Peleteiro (Santiago de Compostela) no grupo Sur.