jueves, 14 de junio de 2012

O INFANTIL FEMININO "B" DO SEIS DO NADAL 14º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA 2011/12

(O Infantil Feminino "B" competiu na Liga 2ª División Infantil Feminina)

.

INFANTIL FEMININO "B"

.

14º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O conxunto Infantil Feminino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, finalizou a presente tempada 2011/2012 como 14º clasificado da Liga 2ª División Infantil Feminina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal "B" participou na primeria fase de grupos no grupo "E" da Liga 2ª División Infantil Feminina e despois de doce partidos rematou na segunda posición cun balance de nove vitorias e tres derrotas, posición que lle deixaba ás portas da disputa da Fase de Ascenso. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A segunda posición do grupo "E" clasificaba ao noso conxunto dirixido por Aalí Mohamed á fase de clasificación polo 13º-20º posto da zona sur. Nesta nova fase o noso equipo competiu xunto a Xuventude (Cambados) e Maristas Celta (Vigo).

 

Despois da disputa dos catro encontros desta nova fase de clasificación da Liga 2ª División Infantil Feminina 2011/2012 o noso conxunto rematou na primeira posición da táboa cun pleno de vitorias acadando a 14ª posición da Liga 2ª División Infantil Feminina.

.