jueves, 14 de junio de 2012

O JÚNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL 12º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA 2011/12

(O Júnior Feminino do club competiu na Liga 2ª División Júnior Feminina)

.

JÚNIOR FEMININO

.

12º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O combinado Júnior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco Javier García, finalizou a presente tempada 2011/2012 como equipo 12º clasificado da Liga 2ª División Júnior Feminina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Seis do Nadal - Coia participou na primeria fase de grupos no grupo "C" da Liga 2ª División Júnior Feminina e despois de dezaoito partidos rematou na quinta posición cun balance de dez vitorias e oito derrotas. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A quinta posición conseguida no grupo "C" da primeira fase clasificaba ao Seis do Nadal - Coia a competir na fase "Sur" de clasificación do 13º ao 15º posto, fase que non se disputou debido a retirada dos outros dous equipos que participarían no grupo. O noso conxunto rematou a tempada na 12º posición da Liga 2ª División Júnior Feminina debido a retirada doutro equipo na fase de ascenso da competición.