domingo, 17 de junio de 2012

O BENXAMÍN FEMININO DO SEIS DO NADAL 4º CLASIFICADO DA LIGA DE VIGO BENXAMÍN FEMININA 2011/2012

(As xogadoras do Benxamín Feminino do club xunto a súa adestradora)

.

BENXAMÍN FEMININO

.

4º CLASIFICADO LIGA VIGO

.

O equipo Benxamín Feminino, Seis do Nadal Feminino, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Leticia Estévez, finalizou a presente tempada 2011/2012 na cuarta posición da competición zonal benxamín feminina.

.

O Seis do Nadal Feminino participou no grupo de clasificación á Liga FGB da competición zonal da Delegación Viguesa de Baloncesto. En dito grupo o noso conxunto finalizou na cuarta posición despois de dezaseis partidos disputados e conseguir un balance de dez vitorias e seis derrotas. A clasificación final do grupo foi a seguinte:

.

 

O noso conxunto quedou ás portas de disputar a Fase Final do Campionato Galego de categoría pre-minibásquet feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto na que xa participaron os dous primeiros clasificados do grupo.