lunes, 18 de junio de 2012

O BENXAMÍN MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL 4º CLASIFICADO DA LIGA DE VIGO BENXAMÍN MASCULINA 11/12

(O Benxamín Masculino "A", Decomar Seis do Nadal, da tempada 11/12)

.

BENXAMÍN MASCULINO "A"

.

4º CLASIFICADO LIGA VIGO

.

O equipo Benxamín Masculino "A", Decomar Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, capitaneado por David Rodríguez, finalizou a competición zonal de categoría benxamín masculina da presente tempada 2011/12 na cuarta posición da clasificación.

.

O Decomar Seis do Nadal participou no grupo de clasificación á Liga FGB da competición zonal da Delegación Viguesa de Baloncesto. En dito grupo o noso conxunto finalizou na cuarta posición despois de dezaoito partidos disputados e conseguir un balance de once vitorias e sete derrotas. A clasificación final do grupo foi a seguinte:

.

 

O noso conxunto quedou ás portas de disputar a Fase Final do Campionato Galego de categoría benxamín masculina organizada pola Federación Galega de Baloncesto na que xa participaron os dous primeiros clasificados do grupo.