lunes, 18 de junio de 2012

O BENXAMÍN MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 8º CLASIFICADO DA LIGA DE VIGO BENXAMÍN MASCULINA 11/12

(Os xogadores do Benxamín Masculino "B" xuntoa aos seus adestradores)

.

BENXAMÍN MASCULINO "B"

.

8º CLASIFICADO LIGA VIGO

.

O equipo Benxamín Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido e adestrado por Andrés Álvarez e Sandra Solano, finalizou a competición zonal benxamín masculina da presente tempada 2011/2012 na oitava posición da clasificación.

.

O Seis do Nadal Masc. "B" participou no grupo de clasificación á Liga FGB da competición zonal da Delegación Viguesa de Baloncesto. En dito grupo o noso conxunto finalizou na oitava posición despois de dezaoito partidos disputados e conseguir un balance de catro vitorias e catorce derrotas. A clasificación final do grupo foi a seguinte:

.

.

O conxunto Seis do Nadal Masculino "B" rematou a tempada participando nas Festas de Fin de Curso 2011/2012 do CEIP Carrasqueira, en Coruxo, disputando un partido amigable de baloncesto ante un grupo de alumnos e alumnas do centro o pasado sábado día 9 de xuño do 2012.

.

(O equipo recibiu o trofeo das Festas Fin de Curso do CEIP Carrasqueira)