lunes, 18 de junio de 2012

O ALEVÍN MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 12º CLASIFICADO DA LIGA DE VIGO ALEVÍN MASCULINA 2011/2012

(Xogadores e adestradores do Alevín Masculino "B" do Seis do Nadal)

.

ALEVÍN MASCULINO "B"

.

12º CLASIFICADO LIGA VIGO

.

O combinado Alevín Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Diego Montenegro e Aldara Martínez, finalizou a competición zonal alevín masculina da tempada 2011/2012 na 12ª posición da clasificación final.

.

O equipo Seis do Nadal "B" participou na primeira fase de competición no grupo "A" de clasificación á Liga FGB Alevín Masculina. Despois dos catorce partidos da primeira fase o noso conxunto conseguiu un balance de cinco vitorias e nove derrotas, finalizando a fase na sexta posición. A clasifiación final do grupo "A" foi a seguinte:

.

.

A sexta posición alcanzada na primeira fase clasificaba ao noso conxunto a disputar a segunda fase do 9º ao 12º posto xunto ao C.B. Tui Seta "A", Apóstol e PBB Canteiras "B". O noso conxunto xogou o primeiro cruce desta nova fase ante o Apóstol, equipo ao que non conseguiu superar en ningún dos dous partidos, caíndo no primeiro por 72-52 e no segundo por 52-88.

 

Despois dos dous partidos ante o Apóstol, o  noso conxunto disputou o cruce polo 11º e 12º posto ante o PBB Canteiras "B". O partido de ida disputado no Pavillón Municipal de O Porriño rematou con vitoria para o Seis do Nadal "B" con doce puntos de vantaxe (37-49). No partido de volta xogado no Colexio Seis do Nadal o PBB Canteiras "B" conseguía a vitoria por trece puntos (34-47) diexando ao Seis do Nadal "B" na 12ª posición da competición.

 

Fotos do segundo partido ante PBB Canteiras "B"

.